A casa de Tralacerca
***
A Proba de Navia de Suarna.Lugo
Parola de actualidá
Cerca da plaza, alcóntrase Marcelo de Mera e Zenón de
Freixis
- Bós dias, Marcelo...
- Santos e bós, Zenón
- Parece que madrugas
- Xa ves, n-hay remedio, veño a ver si collo algún tabaco.
Hay xa catro dias que non sei o que é botar unha fumada,
y-eso que me vendían unha cajetilla de dous reás,
pero queríanme por ela duas pesetas, e pareceume unha xudiada.
- Pois non t´extrañes, que poucos dias hay qu´un amigo
noso deu por outra un ferrao de millo; e n-a estación do ferrocarril,
un siñorito deulle a un rapaz unha peseta por deixarlle dar unha chupada.
- Home cala.
- Pois o qu´oyes, un ferrao de millo.
- E ti, ónde vas.
- Vou á casa de D. José de Tralacerca, mercar algunhas cousas,
pois din por ahí que as da casi regaladas.
- Non ha de ser tanto, porqu´il ha de pagal-o com´os mais.
- E verdá, pero muito consiste en saber mercar. D. José é
mui autivo e non perde ollo ós negocios. Cando ve a comenencia bótase
a ella como un condanado, e merca con mais ventaxa que outros, que son mais
apoucados.
- Tés razón dixo Caxigo de Villarpandín, que había
un pouco qu´os estaba oindo . Onte fun ond-il e por poucos cartos levei
moitas e boas cousas, que na casa arrenegaron o demo ó velas. Us garbanzos
coma noces; un arroz com´avellanas; fideos com´adivales, gordos
e frescos coma rosales; fabas muy finas, que se cocen cando as nabizas; azúcar
blanca e dorada, café de todal-as marcas, barato e muy ben pesado;
pimento dulce e picante muy fino e muy colorado, que basta muy pouquiño
para poñer un guiso encarnado, azfrán mesmo que ouro, pois
non é falsificado.
- Basta Caxigo, basta, non fagas mais o artículo; ti debes ir a medias
con D. José, ou pol-o menos débete convidar cando vas alí.
- Direiche, nin vou a medias, nin me da nada, anque para convidar, outros
habrá mais negados; pero digo a verdá; porque o lús veu
a miña Maria Antonia mercar algunhas cousas e foi arrenegando o demo,
do barato que levou todo, comparando-os precios dos demáis.
- Terás razón, e veremos si me convence él, pois teño
que levar algo de todo. Vaya rapaces, hastra logo.
- Adiós, Caxigo.
*** - Hola, Marcelo.
- Hola D. José
- E logo, que trás.
- Veño por unhas chilindradas que me mandaron levar as mulleres.
- Pois xa irás dicindo.
- Vaya apuntando, e namentras que preparan todo, vou ó xuzgado a poñer
ó rapaz, que deu a luz Xertrudis e non quero que pase o prazo. Duas
libras d´arroz, unha de garbanzos, un paquete de velas, un cuartillo
de gas, dous de aceite, d´ise que me dixeron que parecía manteiga;
un pouco pimento dulce e picante, outro pouco de xabrón, fideos...
- Pois hastra logo.
*** - Aquí estou outra vez.
- Pois xa tés todo arreglado.
- ¿E canto é?...
- Sete e sete catorce; vintetrés e duas son cinco; total, corenta
e sete reás, Marcelo.
- ¿Nada máis?
- Nada máis, o que da a compra y-as contas.
- Siñor, parece mentira; polo menos crín que
non me chegabn cinco pesos, tivo razón Caxigo de Villarpandín
que lle debe estar agradecido pois non fai mais que decir que casi da todo
de valde; eu non o quería creer, pero ahora convencínme, pois
a eses precios non se compra en ningunha casa.
- Bueno...algo mais barato vendo, anque hoxe non se pode afinar muito, pero
confórmome con pouca ganancia e ademáis compro cando convén
y-a boas casas, e iso da moita ventaxa.
- Pois q´haxa salú, D. José.
- Adiós logo, Marcelo, e que che vaia adiante o novo froito de Xertrudis.
Lévalle da miña parte isa libra de chicolate para ella, e pro
rapaz ise bote de sémola.
. Dios llo pague.
- De nada, adiós
*** Chegou a casa Marcelo, e cando lles deu as mulleres tanta zaramallada,
e lles dixo o que lle costar, quedaron coa boca aberta, e desde entonces non
fan mais que alabar a D. José de Tralacerca, e de recomendar a todo
o mundo que vayan a mercar alí.
- Eu fago como os da casa de Marcelo.
Si queredes bós artículos de Ultramarinos en general,
acudide á casa de D. José de Tralacerca, de Navia de Suarna.(ANTON
DE MARIA)
José Fernández Sal. Os seus pais:
- D. Tomás Fernández, natural de Larxentes, Navia de Suarna
- Dª Segunda Sal de Rellán Arias, natural de Moreira, nos
Ancares de Lugo, onde está a sua pedra de Armas